domingo, 16 de xaneiro de 2022

                         O Nadal no IES BREAMO

 
A biblioteca do IES Breamo en colaboración con Vicedirección encargouse de decorar o centro.
 
Estas son as fotos e os axudantes que participaron.
Grazas a todos! 
 





 



luns, 8 de novembro de 2021

CURSO, 2021-2022

COMEZAMOS UN NOVO CURSO ONDE, COMA SEMPRE FAREMOS MOITAS COUSAS MOI INTERESANTES.


24 DE OCTUBRE DÍA DAS BIBLIOTECAS


 



 



ESTE ANO E CON MOTIVO DO DÍA DAS BIBLIOTECAS PUXEMOS NO VESTÍBULO DO CENTRO A EXPOSICIÓN "MULLERES LECTORAS"
Esta exposición foi feita pola profesora de Plástica Marisa Areal.
Os alumnos foron  baixando ao vestíbulo co seu profesor e a traballaron conforme a asignatura que tiñan.








CELEBRACIÓN DE SAMAÍN NO IES BREAMO

Con moyivo da celebración do Samaín a biblioteca do IES Breamo xunto con Vicedirección e a axuda dos alumnos voluntarios que quixeron axudar fixemos un mural y decoramos o vestíbulo.






 




martes, 12 de novembro de 2019

CHARLA ANIMACIÓN Á LECTURA

O xoves día 7 tivemos unha actividade no salón de actos para alumnos de 1º e 2º da ESO.
A escritora Alba López Paredes estivo con nós para presentarnos os seus libros. Xa sabedes que temos na biblioteca algúns deles.

Aprendimos moitas cousas con ela. Seguro que os seus libros son igual de fascinantes.




luns, 11 de novembro de 2019

SAMAÍN 2019

Comezamos o noso Samaín facendo un mural cos alumnos de inglés e relixión de 2º BCH e de 1º BCH. Axudáronnos coa decoración os alumnos de 4º da ESO








 Transformamos libros en monstros...

 Fixemos tamén un conto de medo entre todos os alumnos que quixeron participar. Resultou un conto bastante arrepianteeeeee!!!!
Grazas a todos. Pasámolo moi ben.
Acabamos a mañá tomando chocolate e castañas!! Todo moi rico! Pasámolo moi ben!



sábado, 29 de xuño de 2019

FIN DE CURSO 2018-19

Rematamos o curso. Estas foron todas as actividades que fomos facendo.
O ano próximo, máis e mellor!
Feliz Verán a todos!!!


EXCURSIÓN FINAL DE CURSO PROFESORES

Como todos os anos vimos facendo unha excursión fin de curso cos compoñentes do club de lectura facéndoo extensivo ao resto do claustro e persoal non docente.
Este ano fomos ao Valadouro. Alí visitamos a Torre de Castrodouro,, Pozo da Onza,finca Galea, Espazo Caritel,e a igrexa de Mondoñedo en Foz. Xa de volta paramos en Mondoñedo.
Unha viaxe moi interesante!!





venres, 28 de xuño de 2019

MAQUETAS

Dende o seminario de Lingua Galega fixeron a proposta aos alumnos de 1º e 2º da ESO para facer unhas maquetas con caixas de cartón, sobre os libros lidos na asignatura ao longo do curso, neste caso A Expedición do Pacífico de Marilar Aleixandre e Pel de Lobo de Xosé Miranda.
estes foron os resultados, todos PRECIOSOS!!! Están expostas na biblioteca.