martes, 16 de maio de 2017

Carlos Casares Letras Galegas 2017

Podcasts feitos polas alumnas de 1º de BAC con textos da sección Á marxe, de Carlos Casares

https://drive.google.com/file/d/0B7dsyPVKGnVzN3I1cWhlTTBLa0k/view?usp=sharing





















Visita esta sección na que La voz de Galicia está recuperando os artigos que Carlos Casares escribiu durante anos.



Negros como o pecado

Unha das cadelas que temos na casa está criando agora os sete cachorriños que trouxo o outro día: sete rebolos pequenos, negros como o pecado do cal proceden. Naceron dun desliz. Resulta que aí atrás, cando o animal andaba en celo, metémoslle na casa un can da mesma raza: precioso e forte, moi ben educado, con todos os papeis en regra, prestado por uns amigos. Tivemos que devolvelo aos poucos días case avergonzados, pois o pobre, a pesar da boa vontade que lle botou, non fixo nada.
Non é que fose un inútil, senón que ela se comportou como unha señorita digna e distante. Para min, que el se pasou de obsequioso: dáballe a súa propia comida, deixábase morder nas orellas e estaba tan pendente dela que eu creo que lle debeu parecer un pouco empalagoso. O caso é que se foi igual que viñera.
No celo seguinte, a cadela estivo soa na casa. Non nos explicamos, polo tanto, como foi posible esta historia. De primeiras pareceunos que engordara un pouco, pero pronto nos decatamos do que pasaba. Hai catro días, trouxo a camada. Confeso que ao principio nin sequera me achegaba a mirar os cachorros, pois estaba enfadado. Agora xa os vou ver polas noites. Despois de todo, os infelices non son culpables. E mirándoo con frialdade, a nai tampouco. O máis importante é que se críen ben de saúde.
Esta columna publicouse orixinalmente o 13 de maio de 1996.
















luns, 15 de maio de 2017

Centenario de Juan Rulfo (16 de maio de 1917)


Celébrase o centenario de Juan Rulfo, escritor mexicano, autor de Pedro Páramo (1955), unha das obras mestras da literatura hispanoamericana. 



Vine a Comala porque me dijeron que acá vivía mi padre, un tal Pedro Páramo. Mi madre me lo dijo. Y yo le prometí que vendría a verlo en cuanto ella muriera. Le apreté sus manos en señal de que lo haría; pues ella estaba por morirse y yo en plan de prometerlo todo. «No dejes de ir a visitarlo —me recomendó—. Se llama de otro modo y de este otro. Estoy segura de que le dará gusto conocerte». Entonces no pude hacer otra cosa sino decirle que así lo haría, y de tanto decírselo se lo seguí diciendo aun después que a mis manos les costó trabajo zafarse de sus manos muertas.






Tamén podes ver a adaptación cinematográfica da obra.


martes, 2 de maio de 2017


Aínda que xa estamos case a finais de curso, queremos presentarvos o novo blog da biblioteca, un lugar de encontro para lectores de todo tipo: entusiastas, aspirantes, reticentes, obrigados, namorados, iniciados, consumados... Para os que xa leron moito e para os que todavía están ao comezo. Invitámosvos a participar e admitimos toda clase de colaboracións, así como as suxestións que queirades facer.