martes, 27 de novembro de 2018

TROCOLIBRO

Escomenzamos unha actividade que consiste nun intercambio de libros co lema "Colle un e , se queres, deixa outro" Unha semana ao mes estará a mesiña esperándovos con moitos libros seguro que moi apetecibles!
Así que xa sabedes, a pasar polo vestíbulo do noso centro! seguro que atoparedes algo do voso agrado!










sábado, 24 de novembro de 2018

PONTE EN NEGRO

O venres 23 de novembro ás 12 da mañá os alumnos de 2º ESO do IES Breamo fixeron unha saída ao Concello.
 Foi unha xornada de sensibilización social contra as violencias machistas. Tivo alí lugar unha lectura do manifesto "EN NEGRO CONTRA AS VIOLENCIAS"

Alumnas do centro foron as encargadas de facer unha lectura sobre o tema.
Na concentración tamén participaron alumnos do IES Fraga do Eume 



















xoves, 22 de novembro de 2018

EXCURSIÓN 2º Y 3º ESO

O pasado martes día 13 os alumnos de 2º e 3º da ESO tiveron unha saída pola mañá a Narón e a Ferrol.
En Narón asistiron á obra de teatro "Crecer" e en Ferrol visitaron o Museo Naval.



CLUB DE LECTURA DE ALUMNOS DE PRIMEIRO DA ESO

O clube de lectura de primeiro da eso está lendo Escarlatina a cociñeira defunta de Ledicia Costas.



PRIMEIRA XUNTAZA DO GRUPO DE LECTURA DE ADULTOS DO  IES BREAMO

Non estamos todos por diversas causas relacionadas coas actividades do centro. Somos catorce integrantes con moitas ganas de ler pero con inquedanzas e gustos moi dispares polo que decidimos ler cada un o que mais lle apetecía e na próxima xuntanza poñelo en común e de seguro coma noutros anos será moi enriquecedor e animarémonos a ler algún dos lidos por algún dos nosos compañeiros.


venres, 9 de novembro de 2018

Comeza un novo curso e con el unha nova andanza co Club de Lectura
Este ano non somos tantos coma o ano pasado. Esperamos que se vaian achegando a nós ao longo do curso.
Neste trimestre imos ler manga, nunca antes o léramos. de seguro que será unha moi boa experiencia.
O libro escollido foi "El pupitre de al lado"  vol. 1 de Takuma Morishige. Comenzaremos a lelo a vindeira semana. Ata o de agora non poidemos vernos por mor dos intercambios de alumnos no instituto con países coma Islandia, Finlandia ou Francia.

Iremos contando as nosas opinións nas diferentes xuntanzas que teremos ao longo do trimestre.


xoves, 8 de novembro de 2018

Celebramos o Samaín cun concurso de cabazas. Aquí podedes ver as fotos das diferentes cabazas presentadas ao concurso. Todas eran preciosas polo que non houbo un único gañador.
A cabaza mais arrepiante foi a de Carla, a mais doce a de María, Celia, Nerea y Raquel  a mais descerebrada a de Sabela, a máis Manga a de Xoán, e a mais terrible a de Manuela.
Fixemos tamén a decoracion da entrada do instituto onde os alumnos de 2º Bch encargáronse de colocar o mural e as cabazas.









Os alumnos de 1º Bch foron os que fixeron a montaxe das portadas dos libros de medo que temos na biblioteca, primeiro buscándoos e logo fotocopiando a portada e pegándoa no mural.






Fixéronse tamén na biblioteca outras actividades no o día de samaín. o seminario de Música fixo una performance de medo acompañados con música, e como actividade da biblioteca fíxose unha lecura de relatos de medo a cargo de alumnas de 2º ESO,  ademáis dun visionado dos mellores momentos de algunha película clásica de terror como po exemplo Drácula.
Tivemos tamén un gran magosto no que todo o centro reunímonos no  vestíbulo e disfrutamos moito, pois as castañas estaban boísimas!!