venres, 9 de novembro de 2018

Comeza un novo curso e con el unha nova andanza co Club de Lectura
Este ano non somos tantos coma o ano pasado. Esperamos que se vaian achegando a nós ao longo do curso.
Neste trimestre imos ler manga, nunca antes o léramos. de seguro que será unha moi boa experiencia.
O libro escollido foi "El pupitre de al lado"  vol. 1 de Takuma Morishige. Comenzaremos a lelo a vindeira semana. Ata o de agora non poidemos vernos por mor dos intercambios de alumnos no instituto con países coma Islandia, Finlandia ou Francia.

Iremos contando as nosas opinións nas diferentes xuntanzas que teremos ao longo do trimestre.


Ningún comentario:

Publicar un comentario