sábado, 29 de xuño de 2019

FIN DE CURSO 2018-19

Rematamos o curso. Estas foron todas as actividades que fomos facendo.
O ano próximo, máis e mellor!
Feliz Verán a todos!!!


EXCURSIÓN FINAL DE CURSO PROFESORES

Como todos os anos vimos facendo unha excursión fin de curso cos compoñentes do club de lectura facéndoo extensivo ao resto do claustro e persoal non docente.
Este ano fomos ao Valadouro. Alí visitamos a Torre de Castrodouro,, Pozo da Onza,finca Galea, Espazo Caritel,e a igrexa de Mondoñedo en Foz. Xa de volta paramos en Mondoñedo.
Unha viaxe moi interesante!!





venres, 28 de xuño de 2019

MAQUETAS

Dende o seminario de Lingua Galega fixeron a proposta aos alumnos de 1º e 2º da ESO para facer unhas maquetas con caixas de cartón, sobre os libros lidos na asignatura ao longo do curso, neste caso A Expedición do Pacífico de Marilar Aleixandre e Pel de Lobo de Xosé Miranda.
estes foron os resultados, todos PRECIOSOS!!! Están expostas na biblioteca.








xoves, 27 de xuño de 2019

DÍA DAS LETRAS GALEGAS ANTÓN FRAGUAS

Este ano o día das letras galegas foi adicado, como ben sabedes, a  Antón Fraguashistoriador y geógrafo.

Dende a biblioteca traballamos nos paneis colgados polos pasillos. Cada rapaz ía escollendo a parte que máis lle chamaba a atención da súa vida.





EXPOSICIÓN LEONARDO DA VINCI Y SAN MARTIÑO PINARIO

Dende a biblioteca o 26 de abril un grupo de profesores fomos a Santiago a visitar a exposición Da Vinci e a igrexa de San Martiño Pinario.
Disfrutamos enormemente. Déixovos unhas fotos para que vexades que non é unha esaxeración.











Salón do libro de Pontevedra


O 8 de abril viaxamos a Pontevedra para visitar o Salon do Libro

Foron os alumnos de 2º ESO que pertencen ao club de lectura  os seus compañeiros de curso e os dous alumnos do club de lectura de primeiro.

Primeiro fixemos un roteiro pola cidade," Roteiro María Victora Moreno" e pola tarde visitamos o salón do libro onde o pasamos tamén moi ben.