martes, 12 de novembro de 2019

CHARLA ANIMACIÓN Á LECTURA

O xoves día 7 tivemos unha actividade no salón de actos para alumnos de 1º e 2º da ESO.
A escritora Alba López Paredes estivo con nós para presentarnos os seus libros. Xa sabedes que temos na biblioteca algúns deles.

Aprendimos moitas cousas con ela. Seguro que os seus libros son igual de fascinantes.




luns, 11 de novembro de 2019

SAMAÍN 2019

Comezamos o noso Samaín facendo un mural cos alumnos de inglés e relixión de 2º BCH e de 1º BCH. Axudáronnos coa decoración os alumnos de 4º da ESO








 Transformamos libros en monstros...

 Fixemos tamén un conto de medo entre todos os alumnos que quixeron participar. Resultou un conto bastante arrepianteeeeee!!!!
Grazas a todos. Pasámolo moi ben.
Acabamos a mañá tomando chocolate e castañas!! Todo moi rico! Pasámolo moi ben!