luns, 23 de abril de 2018

ENCONTRO COAS FAMILIAS. Suprime o Control As familias o martes 17 de abril ás 18 hrs no IES Breamo falamos da violencia de xénero e as novas tecnoloxías. Resultou unha actividade interesante, onde nais e pais compartiron as súas preocupacións cos responsables do Programa Suprime o Control e coa Orientadora do centro.
03/04/2018: Visita de 1º ESO ao museo arqueolóxico de Campolameiro (Pontevedra). Houbo tres actividades que levaron a cabo cada un dos dous grupos en quendas alternas: - Unha visita guiada a Área Arqueolóxica, percorrendo as zonas con petróglifos e a réplica dun poboado da Idade do Bronce. - Unha ´´gincana do bronce´´ pola área arqueolóxica do parque. - Un obradoiro de graffitis, no que os alumnos e alumnas exerceron de artistas da idade do bronce pintando murais coas técnicas e materiais dos antigos poboadores destas terras. Finalmente houbo unha visita guiada á área museística do xacemento. O alumnado participou con interese e fruición nos obradoiros e corportáronse todos con corrección.
No primeiro trimestre lemos no club de lectura ¨A Illa do Tesouro¨de R. L. Stevenson Tedes aquí unha montaxe dun resumen de como resultaron as diferentes reunións.
O día da Paz o celebramos con un gran mural onde pegamos diferentes poemas de diferentes escritores. Foi in traballo feito por alumnos de 2BCH e 1ª ESO.
No Segundo trimestre no Club de Lectura lemos “La casa de la linterna” de Carlos De Castro Álvarez. Carlos é profesor de Histora do Arte no noso centro. Os nenos estiveron moi atentos, gustoulles moito falar co autor, fixéronlle moitas preguntas. A próxima reunión será un visionado de fotos antigas de Pontedeume, por onde transcurre a historia do libro, e unha saída polo pobo para percorrer eses lugares.