luns, 23 de abril de 2018

03/04/2018: Visita de 1º ESO ao museo arqueolóxico de Campolameiro (Pontevedra). Houbo tres actividades que levaron a cabo cada un dos dous grupos en quendas alternas: - Unha visita guiada a Área Arqueolóxica, percorrendo as zonas con petróglifos e a réplica dun poboado da Idade do Bronce. - Unha ´´gincana do bronce´´ pola área arqueolóxica do parque. - Un obradoiro de graffitis, no que os alumnos e alumnas exerceron de artistas da idade do bronce pintando murais coas técnicas e materiais dos antigos poboadores destas terras. Finalmente houbo unha visita guiada á área museística do xacemento. O alumnado participou con interese e fruición nos obradoiros e corportáronse todos con corrección.

Ningún comentario:

Publicar un comentario