luns, 14 de xaneiro de 2019

CASTELAO MAXISTRAL E PÓRTICO DA GLORIA

O pasado 8 de xaneiro o alumnado de 3º e 4º da ESO desprazámonos a Santiago de Compostela para realizar dúas visitas moi interesantes.
Castelao Maxistral, unha visita guiada pola obra literaria e gráfica de Castelao.
A exposición Castelao Maxistral, organizada no Museo Centro Gaiás, ten como elemento central o impresionante óleo A derradeira leición do mestre, pintado por Castelao durante o seu exilio na Arxentina para lembrar o seu amigo Alexandre Bóveda, fusilado o 17 de agosto de 1936.
E a visita ao Pórtico da Gloria, obra cumbre do Románico en Europa para coñecer a súa restauración e da que non temos fotos, pero que damos boa fe da impresión que nos causou a todos.







Ningún comentario:

Publicar un comentario