luns, 23 de abril de 2018

03/04/2018: Visita de 1º ESO ao museo arqueolóxico de Campolameiro (Pontevedra). Houbo tres actividades que levaron a cabo cada un dos dous grupos en quendas alternas: - Unha visita guiada a Área Arqueolóxica, percorrendo as zonas con petróglifos e a réplica dun poboado da Idade do Bronce. - Unha ´´gincana do bronce´´ pola área arqueolóxica do parque. - Un obradoiro de graffitis, no que os alumnos e alumnas exerceron de artistas da idade do bronce pintando murais coas técnicas e materiais dos antigos poboadores destas terras. Finalmente houbo unha visita guiada á área museística do xacemento. O alumnado participou con interese e fruición nos obradoiros e corportáronse todos con corrección.
No primeiro trimestre lemos no club de lectura ¨A Illa do Tesouro¨de R. L. Stevenson Tedes aquí unha montaxe dun resumen de como resultaron as diferentes reunións.
O día da Paz o celebramos con un gran mural onde pegamos diferentes poemas de diferentes escritores. Foi in traballo feito por alumnos de 2BCH e 1ª ESO.
No Segundo trimestre no Club de Lectura lemos “La casa de la linterna” de Carlos De Castro Álvarez. Carlos é profesor de Histora do Arte no noso centro. Os nenos estiveron moi atentos, gustoulles moito falar co autor, fixéronlle moitas preguntas. A próxima reunión será un visionado de fotos antigas de Pontedeume, por onde transcurre a historia do libro, e unha saída polo pobo para percorrer eses lugares.

venres, 9 de marzo de 2018

A semana pasada tivemos unha interesante reunión co autor Carlos de Castro,compañeiro e profesor de Arte no noso centro que nos falou do seu libro "La casa de la linterna" que estamos a ler no segundo trimestre no club de lectura. Respondeu a todas as preguntas dos nenos, e deixoulles un grato recordo. Volverá para seguir ensinándolles cousas coma por exemplo fotos antiguas do pobo onde ten lugar o desenrolo da historia; é o mesmo pobo dos alumnos. aquí tedes alguhas das fotos que fixemos.