Este ano o día das letras galegas foi adicado, como ben sabedes, a Antón Fraguas, historiador y geógrafo.
Dende a biblioteca traballamos nos paneis colgados polos pasillos. Cada rapaz ía escollendo a parte que máis lle chamaba a atención da súa vida.
xoves, 27 de xuño de 2019
EXPOSICIÓN LEONARDO DA VINCI Y SAN MARTIÑO PINARIO
Dende a biblioteca o 26 de abril un grupo de profesores fomos a Santiago a visitar a exposición Da Vinci e a igrexa de San Martiño Pinario.
Disfrutamos enormemente. Déixovos unhas fotos para que vexades que non é unha esaxeración.

Salón do libro de Pontevedra
O 8 de abril viaxamos a Pontevedra para visitar o Salon do Libro
Foron os alumnos de 2º ESO que pertencen ao club de lectura os seus compañeiros de curso e os dous alumnos do club de lectura de primeiro.
Primeiro fixemos un roteiro pola cidade," Roteiro María Victora Moreno" e pola tarde visitamos o salón do libro onde o pasamos tamén moi ben.
domingo, 10 de marzo de 2019
DIA DE ROSALIA
O día 24 de xaneiro celebramos o día de rosalía en conmemoración ao seu nacemento.
Lemos poemas xunto á nosa paticular Rosalía.

DÍA DA PAZ
O día 30 de xaneiro celebramos o día da Paz no instituto.
Traballamos para facer as pombas que decorarían o vestíbulo e recortamos tamén pombas nas que puxemos unha mensaxe de paz .

Visita da fotógrafa Lidia Queiruga
O día 28 de xaneiro visitounos a fotógrafa Lidia Queiruga.
Estivo con nós en dúas sesións, con 3º e 4º da ESO e con 1º e 2º de Bachiller.
Contounos moitísimas cousas das súas viaxes arredor do mundo e mostrounos moitas das súas fotografías , nelas poidemos ver as diferentes culturas coas que contactou . Foi una actividade moi interesante.

luns, 14 de xaneiro de 2019
CASTELAO MAXISTRAL E PÓRTICO DA GLORIA
O pasado 8 de xaneiro o alumnado de 3º e 4º da ESO desprazámonos a Santiago de Compostela para realizar dúas visitas moi interesantes.
Castelao Maxistral, unha visita guiada pola obra literaria e gráfica de Castelao.
A exposición Castelao Maxistral, organizada no Museo Centro Gaiás, ten como elemento central o impresionante óleo A derradeira leición do mestre, pintado por Castelao durante o seu exilio na Arxentina para lembrar o seu amigo Alexandre Bóveda, fusilado o 17 de agosto de 1936.
E a visita ao Pórtico da Gloria, obra cumbre do Románico en Europa para coñecer a súa restauración e da que non temos fotos, pero que damos boa fe da impresión que nos causou a todos.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)